John Wick 4

John Wick 4 (en inglés: John Wick: Chapter 4) é un filme estadounidense de 2023 dirixido e co-producido por Chad Stahelski e escrito por Shay Hatten e Michael Finch. É a secuela de John Wick: Chapter 3 – Parabellum (2019) e o cuarto filme da saga John Wick. Está protagonizado por Keanu Reeves, xunto con Donnie Yen, Bill Skarsgård, Laurence Fishburne, Hiroyuki Sanada, Shamier Anderson, Lance Reddick, Rina Sawayama, Scott Adkins, Clancy Brown e Ian McShane. No filme, John Wick proponse vingarse da Alta Mesa e dos que o deron por morto. O desenvolvemento do cuarto título de John Wick, anunciado formalmente por Lionsgate en maio de 2019, confirmouse antes do lanzamento da súa predecesora. É a primeira entrega da franquía que non foi escrita polo creador Derek Kolstad, sendo Hatten contratado en maio de 2020, e Finch en marzo de 2021. A fotografía principal tivo lugar de xuño a outubro de 2021, e os lugares de rodaxe incluíron Francia, Alemaña, Nova York e o Xapón. John Wick 4 estreouse a través de Amazon Prime Video o 21 de xuño de 2023, onde conta con dobraxe e subtitulado en galego.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search